domingo, 12 de enero de 2014

800 € POR RECONQUISTAR VIGO


A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo convoca en colaboración co Concello o VIII Concurso de Carteis da Festa da Reconquista da Vila de Vigo.

Deixámosvos o cartel da pasada festa e as bases do concurso, pero tedes que darvos présa porque o prazo remata o 17 deste mes.Só vos quedan cinco días para reconquistar Vigo pero a recompensa son 800 € e ver o voso cartel invadindo tódala cidade.