A razón de ser de La Cocina Gráfica son os nosos alumnos.
Cada ano no conxunto de cursos e ciclos de artes gráficas do Colexio Hogar Afundación, uns 100 alumnos estudan e poñen todo o seu entusiasmo á hora de acadar os obxectivos do mesmo, que son conseguir as habilidades e formación para acceder ao mercado laboral. Entre 25 e 30 alumnos gradúanse cada ano nun dos ciclos.
Grazas a ti, estudante do Colexio Hogar, La Cocina Gráfica é o que é. Grazas a ti, os novos alumnos teñen a tecnoloxía máis punteira.
O esforzo que se levou a cabo en cada evento no que participamos, o Roland Experience Day, C! Print, aquel Escaparartes da Porta do Sol do 2015, a Feira de Ensinanzas Artísticas, o Magosto Gráfico de Afundación, a nosa presenza nas JAI 2018 e moitos outros lugares, mostran que sodes especiais.
Vos, que saídes sabendo imprimir en offset, en serigrafía, impresión dixital, deseñar libros, revistas ou folletos, con creatividade artística ou técnica, sodes os profesionais axeitados para calquera empresa no mundo gráfico, dende a comunicación ata a impresión.