Vigo, 11, 12, 13 e 14 de febreiro de 2019
Dentro das VI Xornadas La Cocina Gráfica, este ano decidimos dar máis peso á formación, polo que temos organizado 3 días de talleres prácticos, orientados a adquirir coñecementos máis intensivos das distintas tecnoloxías, a descubrir trucos e novos materiais, e por suposto detectar novas posibilidades de fabricación.
Para asistir aos talleres formativos é preciso inscribirse no seguinte formulario Inscripción Talleres.
Para asistir á xornada de portas abertas do día 14, a inscripción é a través do siguinte formulario Workshops-Portas Abertas
Luns, 11 de febreiro de 2019
16:30 – 19:30 TALLER PRÁCTICO: Posibilidades da Impresión UV na personalización. Roland DG.
Neste taller práctico exploraremos as posibilidades de personalización a través da impresión UV coa Roland UV LEF-20. Traballaremos con brancos, vernices e aprenderemos trucos e boas prácticas que nos permitan aproveitar ao máximo a nosa impresora e ofrecer produtos de gran valor engadido. Imprimiremos merchandising e mostras de produción de dato variable, amosando as posibilidades desta excelente tecnoloxía.
Prazas limitadas.
Martes, 12 de febreiro de 2019
10:00 – 14:00 TALLER PRÁCTICO: Sácalle o máximo á impresión 3D na túa empresa. Rysia
Neste taller, terá contacto con impresión en 3D, aprenderá o manexo básico das máquinas de impresión e as posibilidades das tecnoloxías de filamentos e resinas na industria e no traballo. Coa axuda de Rysia, unha empresa con ampla experiencia neste novo sector, aclararemos conceptos e posibilidades de negocio.
Prazas limitadas
16:00 – 19:30 TALLER PRÁCTICO: Traballar con gravado e corte láser CO2 e fibra. Descobre trucos e materiais. Framun Techno
Neste taller, orientado a profesionais e empresas que comezaron ou queren iniciarse no mundo do láser, coñecerán as tecnoloxías de CO2 e fibra, materiais de traballo e trucos e boas prácticas. Ademais, aprenderase a traballar correctamente os materiais de pedra, madeira, plásticos bicapa e texturizados, materiais lacados e metacrilatos.
Prazas limitadas
Mércores, 13 de febreiro de 2019
10:00 – 14:00 TALLER PRÁCTICO: Descobre as posibilidades da transferencia térmica textil. Trucos e materiais. Siser
A transferencia térmica textil chega da man de Siser e dos seus ténicos. Tanto se queres iniciarte na transferencia térmica, como se xa tes experiencia e queres solucionar esos problemas técnicos o ese tecido que se complica, éste é o teu taller. Realizarase de xeito práctico, aportando solucións aos problemas cotiás e amosando os materiais máis avanzados dun dos fabricantes líderes
Prazas limitadas
16:00 – 19:30 TALLER PRÁCTICO: Descobre as posibilidades da transferencia térmica textil. Trucos e materiais. Siser ¡¡¡Prazas esgotadas!!!
A transferencia térmica textil chega da man de Siser e dos seus ténicos. Tanto se queres iniciarte na transferencia térmica, como se xa tes experiencia e queres solucionar esos problemas técnicos o ese tecido que se complica, éste é o teu taller. Realizarase de xeito práctico, aportando solucións aos problemas cotiás e amosando os materiais máis avanzados dun dos fabricantes líderes
Prazas limitadas
16:30 – 19:30 TALLER PRÁCTICO: As posibilidades do bordado con Tajima . TajimaDST (Este taller estaba inicialmente programado pola mañá e mudou de horario)
Da man de Tajima DST meterémonos de cheo mo mundo do bordado e veremos as posibilidades que nos ofrece, tanto en maquinaria básica de alta calidade, coa que se ejecutarán algunhas prácticas, cómo en maquinaria de producción, da que nos falarán no taller.
Prazas limitadas
Xoves, 14 de febreiro de 2019
8:00 – 9:15 Almorzo de traballo con Degustación de Café da man de Marcos González e Delikia, Barista Campeón de España 2018
10:00- 10:45 Print on Demand. Caso de éxito. Presentación e demostración prácticada man de Mr Broc da súa ferramenta de deseño e a súa potente aplicación de impresión para personalización.
11:00 – 11:30 Caso de éxito no gravado e corte láser.Woodmodels contaranos a súa experiencia no mundo do corte e gravado láser orientado á fabricación de maquetas.
11:30 – 12:15 Caso de éxito de impresión 3D. Da man de Rysia coñeceremos onde hai negocio na impresión 3D e qué sectores teñen máis futuro con esta tecnoloxía.
13:00 – 13:45 Caso de éxito de emprendemento textil. Idawen falaranos do seu proceso de empresa, a problemática do emprendemento e os pasos que hai que dar ata converterse nunha marca de éxito.
9:30 – 18:30 Workshops
- Troquelado Dixital para textil, cartoncillo, foam, nido de abella con Sign-Tronic e o equipamento de Zünd
- Print&Cut con Roland DG
- Transferencia Térmica Textil con Siser
- Corte e Gravado láser de CO2 e Fibra con Framun Techno
- Impresión UV e personalización con Roland DG
- Bordado con Tajima DST
- Impresión 3D filamento e resina con Rysia
- Sublimación con Roland DG
- Textiles e materiais para rotulación e impresión dixital con Plásticos Carrera
Todos os talleres e workshops son gratuitos, aínda que é precisa a inscripción, xa que os talleres teñen prazas limitadas.
Se precisan máis información, non dubiden en contactarnos a través de aagg@afundacion.org