VI Xornadas La Cocina Gráfica – 11, 12, 13 e 14 de febreiro de 2019

¡O cambio xa está aquí!

Volvemos coas Xornadas La Cocina Gráfica, este ano na VI edición, e coma sempre cheas de tecnoloxía, de coñecemento e de gañas por atoparnos de novo. O cambio xa está aquí, e hoxe máis que nunca a impresión dixital xa é presente. As tecnoloxías están a provocar máis que un cambio, unha rotura co que ata o de agora coñeciamos e as empresas teñen que se reinventar e andar á procura de novos espazos de negocio.

Formación en novas tecnoloxías e materiais

Dende La Cocina Gráfica temos a intención de amosar as diferentes tecnoloxías e as oportunidades de negocio que van emerxendo, polo que este ano decidimos darlle máis presenza á formación, mediante talleres prácticos que se desenvolverán os días 11, 12 e 13 de febreiro, e a nosa xornada tradicional, o 14 de febreiro, aberta a todo o mundo, donde se amosarán as máquinas funcionando co apoio do personal técnico das nosas empresas colaboradoras, e onde exporemos casos de éxito no emprego das distintas tecnoloxías presentes.

Cartel VI Jornadas La Cocina Gráfica

Os talleres prácticos terán un formato de 3-4 horas de duración, con prazas limitadas, polo que será necesario rexistrarse,  sobre os seguintes temas:

  • Posibilidades da Impresión UV na personalización. Roland DG
  • Sácalle o máximo á impresión 3D na túa empresa. Rysia
  • Traballar con grabado e corte láser CO2 e fibra. Coñece trucos e materiais. Framun
  • As solucións do bordado con Tajima . Tajima DST
  • Coñece as posibilidades da transferencia térmica textil. Trucos e materiais. Siser

Na xornada aberta contaremos con demostracións prácticas de tecnoloxías e máquinas de impresión e corte téxtil, transferencia térmica téxtil, sublimación, troquelado e corte dixital, etiquetado e decoración de interiores, corte e gravado láser de CO2 e fibra, impresión en obxectos, Impresión 3D, impresión dixital de pequeno formato, todo o relacionado co merchandising, agasallo publicitario e personalización, novas tecnoloxías, novos materiais e oportunidades de negocio. Tamén se impartirán clases técnicas e conferencias.

Contaremos coa presenza de:

  • Roland DG: Sublimación textil grande formato, Impresión grande formato, Plotter de corte, Plotter de Impresión e corte Truevis 300 e Impresión UV
  • Framun: Corte e gravado láser CO2, láser de fibra e materiales
  • Sign-Tronic: Con demostracións de mesa de corte e troquelado dixital para textil e ríxidos: Zund S3 800
  • Siser: Demostracións e aplicacións de material de transferencia térmica
  • Plásticos Carrera: Maquinaria e materiais para impresión dixital rígidos, textiles e flexibles
  • Rysia: Maquinaria de impresión 3d
  • Tajima DST: Con maquinaria de bordado
E a colaboración de:
  • Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia
  • Cointega – Clúster Textil Moda
  • Idawen
  • MrBroc
  • Delikia Fresh

Terá lugar o 14 de febreiro: Vigo. Colegio Hogar Afundación, Rúa Filipinas, 6, en horario ininterrumpido de 9:30 a 18:30. Col obxectivo de evitar problemas de aforo, pregámoslle que se rexistren a través do seguinte enlace: Formulario de Inscripción.

Nuns días publicaremos toda a programación das charlas técnicas e mesas redondas e os formularios de inscripción aos diferentes talleres.

Para máis información, contáctennos a través do noso correo electrónico aagg@afundacion.org, ou ben a través do teléfono 986 414 311.
E por suposto, a través do noso blog lacocinagrafica.afundacion.org, facebook e twitter.

Contamos coa vosa presenza. ¡¡¡Non volo podedes perder!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *