Cursos de formación

En La Cocina Gráfica impartimos formación para empresas e profesionais. Esta formación pode ser a medida ou tamén con cursos programados por nos ou os nosos colaboradores.

Cursos como As posibilidades do Vinilo Textil, O ABC do Adhesivo, Rotulación integral de vehículos son algunhas das formacións que se teñen desvolvido dende o Colexio Hogar Afundación.

Tamén temos comezado a impartir formacións in-situ, como eo Curso Avanzado de Impresión Offset.

Se vostede, ou  a súa empresa precisa formación a medida, non dubide en solicitrla a través do noso correo electrónico aagg@afundacion.org.

Curso de Tecnoloxías de Impresión Dixital - 40 horas

O curso ten coma obxectivo proporcionar aos asistentes unha formación en impresión dixital que os permita obter una visión global das distintas tecnoloxías existentes na actualidade, desde un punto de vista práctico, mediante o emprego de maquinaria de última xeración, complementado coa formación teórica que se requira. Os participantes, ao finaliza-lo curso serán quen de comezar a traballar nunha empresa de impresión dixital ou de deseñar e montar a súa propia empresa, xa que acadarán unha visión global do mercado gráfico, e unha práctica con maquinaria real. Tamén se aprenderán aquelas ferramentas e métodos de traballo na preimpresión, que permitan obte-lo máximo rendemento no traballo con imprentas dixitáis.

19, 20, 26 e 27 de outubro, e 9, 10, 16 e 17 de novembro

750 euros