A actualización tecnolóxica é indispensable hoxe en día para poder impartir unha formación técnica de calidade adaptada á realidade empresarial existente na entorna.
Isto non sería posible sen a participación dos nosos colaboradores, que son as empresas que aportan a súa tecnoloxía e o seu Know-how a La Cocina Gráfica.
Os nosos colaboradores integrados no Colexio Hogar Afundación son os seguintes:
ROLAND DG é, dende hai xa 4 años, o colaborador de referencia do Colexio Hogar Afundación.
Esta relación de mutua confianza e aposta firme pola innovación na formación dos futuros profesionais ten permitido un desenvolvemento e avance tecnolóxico do noso centro de formación impensable hai anos.
Fundada en 1972 no Xapón, é o fabricante líder na tecnoloxía de impresión e corte dixitais, con equipamento de calidade contrastada e recoñecida no mercado, nos eidos da impresión UV, Print&Cut, Corte, Sublimación, Fresado, 3D…
FRAMUN TECHNO é o noso colaborador en corte e grabado láser, e tamén en materiais e plásticos de rotulación, e selos.
Distribuidores de Trotec, unha das marcas máis reputadas do mercado, Trodat e Rowmark.
Tamén colaboramos na impartición de cursos de formación e de xornadas de actualización tecnolóxica.
SIGN-TRONIC aporta a tecnoloxía de corte e troquelado dixital a través da súa equipa humana e a tecnoloxía de ZUND, un dos principais fabricantes do mundo.
Sign-Tronic aporta solucións de personalización e de productividade no corte e troquelado dixital, con máquinas versátiles para o corte e fresado de multitude de materiais.
También distribúe PICADOR, un potente software de deseño estructural.
SISER é a nosa referencia en materiais para a transferencia térmica.
Ten unha impresionante gama de produtos para a transferencia térmica, de corte, de impresión e corte, con texturas… e equipamiento para aplicara.
É unha das referencias mundiais neste tipo de produtos e nos aportan o seu know-how para transmitilo aos nosos estudantes.
Non se entende a impresión dixital no noroeste da península sen PLÁSTICOS CARRERA.
É o fornedor de referencia en materiais de impresión, de rotulación, materiais ríxidos, equipamiento e maquinaria, tecidos para dixital, tanto de soft-signage como de roupa…
http://www.plasticoscarrera.com/
O noso colaborador en impresión 3D, é RYSIA. É unha empresa innovadora que distribúe e fabrica impresoras 3D.
Ademáis de con maquinaria, colabora con La Cocina Gráfica en cursos de formación, o que nos fai estar ao día nas tecnoloxías e materiais que van aparecendo.
HEXIS é o colaborador en materia de vinilos e materiais de rotulación de vehículos e de interiores.
A colaboración de Hexis partiu da preparación e rotulación de La Cocina Gráfica e da impartición de cursos de Iniciación á rotulación, e de Rotulación de Vehículos, dos que xa se levan varias edicións.
C!PRINT é unha colaboración que nos enche de orgullo, xa que nos permite levar a os nosos alumnos e o seu bon facer ao Salón de Impresión Digital máis importante e relevante da península.
C!PRINT axúdanos a difundir La Cocina Gráfica, e nos e os nosos alumnos aportamos o noso grao de area na celebración do evento, apoiando as demostracións prácticas de maquinaria e axudando á celebración das charlas que se imparten alí.
No vos podedes perder a vindeira edición: https://salon-cprint.es/